A AGACAL convoca axudas para proxectos piloto nos ámetos agrario, agroalimentario e forestal


O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar a resolución da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), dependente da Consellería do Medio Rural, pola que se convocan as axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías, nos ámbitos agrario, agroalimentario e forestal.

A Xunta destina un total de 2,25 millóns de euros a estas achegas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020. O orzamento divídese en 450.000 euros para a anualidade de 2021, 1,35 millóns de euros para o 2022 e 450.000 euros para o ano 2023.

Desta convocatoria poden beneficiarase organizacións ou entidades relacionadas coa produción primaria en agricultura, gandería ou silvicultura e empresas ou industrias transformadoras destes sectores, así como da área de enerxías renovables de orixe agrícola e forestal.

En canto ás accións subvencionables, as áreas prioritarias de actuación son a xestión sustentable dos recursos naturais, os sistemas agrarios de produción, a industria e cadea agroalimentaria, a bioeconomía e a aplicación das tecnoloxías da información e comunicación ao sector.