Xiana Domínguez: "nunca tiven problemas no mundo do viño por ser muller"


Xiana Domínguez é unha desas mulleres emprendedoras que contribúen ao desenvolvemen to do rural. Enxeniero agrícola de profesión, ela é a responsable da adega Chao do Couso, emprazada na Pobra de Trives, na subzona Quiroga-Bibei da Ribeira Sacra. 

-Podemos considerarte unha muller apegada ao terruño? 

-Sí, foi unha decisión que tomei no seu momento de quedarme aquí e non me arrepinto. Estou encantada de vivir onde nacín e de poder seguir co negocio que puxo en marcha meu pai. 

-Como é a viticultura no Bibei? 

-Como en toda a Ribeira Sacra, difícil, porque todo hai que facelo á man, existen poucas posibilidades de mecanización. É máis traballosa pero a nivel calidade compensa con creces. 

-É difícil o mundo do viño para unha muller? 

-No meu caso teño que decir que non. Nunca tiven problemas por ser muller, agás ao mellor ao precipio cando decían “que vai saber esta tan noviña”. Agora os vecinos maiores preguntanme “cando podas, como podas, qué tratamentos lle das ás viñas…” 

-Qué consideras máis importante, a viticultura ou a enoloxía? 

-As dúas cousas son importates e van unidas. Para facer un bo viño é preciso facer un bo traballo de campo e un bo traballo en adega. Sin boa uva non se pode facer un bo viño, pero sí se pode facer un mal viño con boa uva. 

-Non é o teu caso, pois ti eres enxeniero grícola e estas asesorada por un bo enólogo? 

-O enólogo, que é Luis Buitrón, para min é o mellor. Leva traballando con nós dende 1998, aínda eu era unha nena. Comezou co meu pai. 

-Cantos premios acadaron os teus viños Alcouce e Xiana ao logo deste ano? 

Non lembro moi ben así a bote pronto. Os da revista HGg&T polo que vos estou moi agradecida, 3 ouros en Aosta e outros dous ouros da guía de Paadín… 

-Ademais do viño o aceite é un proxecto no que andas metida? 

-Polo de agora elaboramos para consumo propio pero sí que nos plantexamos comercialízalo nun futuro. Comezamos a plantar oliveiras autócnas nalgúns prados e seguimos a plantar, pero aínda son moi noviñas e teñen pouca produción.