Tanto a directora de Turismo de Galicia como o presidente da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Santiago de Compostela, José Ramón Muñiz, destacaron na presentación que o desenvolvemento desta edición estará marcado pola evolución da pandemia. Neste sentido, a organización está pendente dun encontro a finais de mes co Arcebispado de Santiago de Compostela para tomar unha decisión sobre a súa celebración.
O obxectivo co que se traballa é avanzar na organización do evento, no caso de poder celebrarse, tendo en conta as limitacións e medidas hixiénico-sanitarias precisas, para darlle continuidade ao evento declarado Festa de Interese Turística de Galicia desde 2018. En todo caso, a organización conta con, polo menos, poder levar adiante o pregón por ser un acto realizado nun espazo público, cumprindo coas medidas sanitarias vixentes nese momento.