Novo albergue na Coruña para impulsar o Camiño Inglés

A alcaldesa, Inés Rey, acordou esta mañá co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, impulsar diferentes proxectos de interese para A Coruña, como a construción do novo complexo hospitalario, a situación do porto interior da Coruña, e a construción dun novo albergue na cidade co que impulsaren o Camiño Inglés.

Desde a Xunta se instou o Concello a seleccionar unha localización: "Esta semana veremos os emprazamentos para realizar un exame técnico e poder executalo". Engadiu que esta infraestrutura é clave para a cidade no ámbito das rutas xacobeas.

Rey recalcou a importancia do diálogo entre as administracións e asegurou que "con independencia dos proxectos políticos, debémonos a todas as cidadás e cidadáns e esa obriga fainos sentar as bases dunha relación de lealdade institucional". Non contempla un escenario de confrontación permanente coas demais administracións porque "nas cuestións relevantes, temos que ser capaces de chegarmos a acordos". 

çIso é, para alcaldesa, a política: "ser capaz de pór por diante os intereses da cidadanía, e o meu único interese é o ben da Coruña, por iso a miña obriga é acadar investimentos e benestar, calidade de vida para as miñas veciñas e os meus veciños".