III Premios Son Muller: Teresa Ben, de Frilea, recoñecida pola súa traxectoria empresarial


Teresa Ben, socia fundadora de Frilea Industrias Cárnicas, matadoiro situado en Castro de Ribeiras do Lea (Castro de Rei) recibiu o recoñecementos Á traxectoria empresarial nos III premios Son Muller 2020 que concede a Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo, coa colaboración da Deputación Provincial. Un recoñecemento ao tesón desta muller que enviuvou hai 21 anos. 

A preguntas de HGg&T, Teresa Ben amosouse moi feliz con este premio “pois supón un recoñecemento ao traballo e ao esforzo”. Lembra que “comezamos en 1976 coa carnicería e 10 anos máis tarde vímonos na obriga de instalar o matadoiro, no que na actualidade tamén prestamos servicios a terceiros”. 

“Na carnicería vendemos carne fresca, de porco e Ternera Galega, e facemos algo de salgazóns de porcino, chourizos e butelos pero sólo para venda na nosa tenda. Tamén exportamos a Cuba carne e hamburguesas”. 

O matadoiro dispón dunha liña de sacrificio de vacún de 2.500-3.000 canles/mes, dunha liña de sacrificio de porcino de 4.500-5.000 canles/mes, a sala de despezamento e liña de termoselado. 

O resto das premiados foron, na categoría Son Empresaria Rural: Maria José Alvarez Quintero, de Cosmética Muuhlloa S.L., co primeiro premio; e Consuelo López Rodríguez, de Gandería Quintián S.C. , con segundo. 

Na categoría Son Empresaria, as galardoadas foron Maria José Rodil Méndez, de Coke 2 S.L.U. e Jennifer Núñez Fernández. Finalmente, na categoría Son Emprendedora os recoñecementos foron para Mónica Pérez Vázquez, de Triesfera; e Marta Vázquez, de Magava S.C. “Como en casa, comida para llevar.