Feiraco celebra o Entroido


Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) celebra, un ano máis, o Entroido máis galego que nunca con Feiraco lanzando unha promoción especial da marca de leite nos principais puntos de venda e perfís sociais. Este ano disfrazan de vaca as caixas agrupadoras de Feiraco, coa novidade da variedade sen lactosa, co obxectivo de vivir o Entroido máis galego. 

Entre os consumidores que merquen unha caixa de seis litros de calquera variedade de leite Feiraco e que sigan as indicacións da promoción a través da APP aloxada na web e en Facebook e Instagram, participarán no sorteo de 20 Vacalmorzos. 

Con este premio ponse en valor a orixe galega desta festividade grazas á colaboración dun grupo de artesáns galegos, que deseñaron en exclusiva para Feiraco unha bandexa de madeira e un set de dous pratos con manchas de vaca de Atalanta Madeira, un mandil de Estudio Estampa e un set de dúas cuncas de Ceramista Arobe. 

Esta campaña prolongarase ata o 21 de febreiro, cando conclúa a recepción de participantes e procédase ao sorteo dos premios. Así mesmo, esta promoción complétase con materiais de imaxe decorados con motivos típicos do Entroido nos diferentes puntos de venda de Leite Feiraco e nas súas redes sociais.