A campaña de Nadal promovida pola Deputación de Lugo tivo un retorno de 2,3 M€ no comercio


A campaña Este Nadal, o comercio de Lugo máis preto de ti. Comercio de Lugo Seguro, Nadal Seguro, impulsada dende a Deputación de Lugo en colaboración coa Federación de Comercio, cunha achega económica de 52.000€, xerou un volume de negocio de máis de 2,3M€ en compras realizadas en 5.500 comercios de proximidade da provincia en máis de 40 localidades en colaboración coas asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos da provincia de Lugo.

Segundo os datos facilitados polo presidente provincial, José Tomé, nesta edición, en comparación coa celebrada o ano pasado, rexistrouse un incremento da participación do 7%, chegando a un total de 37.055 persoas. Os concellos nos que se rexistrou un volume máis alto de implicación coa campaña foron os de Lugo, Sarria, Monforte de Lemos, Vilalba, Viveiro e Foz.

As persoas participantes nesta campaña entran nun sorteo de premios dotados con 10.000 euros En total, entregaranse 40 tarxetas: 20 tarxetas de 300 euros e 20 tarxetas de 200 euros. Os agraciada poderán canxear as tarxetas nos comercios adheridos á campaña, o que suporá unha nova inxección económica nos pequenos negocios da provincia.