Este, xoves 10 de decembro, ás
9.30h será inaugurado o Congreso
“Medios de Comunicación en tempos de Covid-19: influencia da pandemia na
igualdade e na violencia de xénero”,
que terá lugar no hotel Puerta del
Camino, organizado pola APG coa colaboración da
Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.
A sesión inaugural desenvolverase segundo o seguinte horario:
09:30h Benvida, a cargo da presidenta da Asociación de
Periodistas de Galicia (APG), María Méndez.
09:35h Conferencia inaugural de Irena Moozova, directora de Igualdade da DX de Xustiza da Comisión Europea: “Supeditará o COVID-19 as políticas europeas de igualdade?”
10:05h Conferencia de Rosa María Calaf, xornalista, excorrespondente internacional: “É o xornalismo esencial para derrubar estereotipos?”
O Congreso, que se celebra en formato híbrido -presencial e online-, atendendo ás necesarias medidas de seguridade, e poderá seguirse en directo, por streaming, a través de youtube, mediante o seguinte enlace: https://youtu.be/68ia1geEJxE