Sarria acolle primeira cata e maridaxe entre os "viños que 'veñen' polo camiño e o porco celta"

 

A vila de Sarria acolle hoxe xoves unha tripla acción divulgativa e promocional arredor da cultura do cocido, por iniciativa da revista HOSTALERIAgalegaGASTRONOMÍA&TURISMO (HGg&T), apoiada con interese polos impulsores do Cocido do Porco Celta: Asociación de Hostaleríaa e Tursimo do Camiño Francés, concello de sarria e súa comarca, Diputación de Lugo, Asoporcel, Xunta de Galicia e industriais como Torta de Sarria, Cárnicas Teijeiro, e Panadería Museo Pallares, nas instalacións da Sociedade Recreativa e Cultural "A Unión".

A primeira das actividades consiste nun debate para a sección "Mesa de redacción" desta revista impresa que leva publicándose ininterrompidamente desde 1995. Este debate sobre "os cocidos, desde os orixes o do Porco Celta" busca "as distintas culturas e interpretacións dos cocidos, súa presenza nas diferentes culturas como ben inmaterial, as producións e os consumos, e as elaboracións diferenciadas", segundo explica o director da publicación e dos desenrolos programados, Guillermo Campos. Así, foron convidados a participar como panelistas,  gastrónomos como Paco García-Bobadilla Prósper (exsecretario xeral de Turismo e expresidente de Paradores (Federación de Academias de Gastronomía dos Camiños de Santiago), Iván M Rodríguez Paz (Asoporcel), Juan Luis López Díaz (presidente de AGATUR), Paloma Vázquez, Xefa do servizo de turismo en Lugo, Lois Celeiro (Asociación de Periodistas e Estudiosos del Camino de Santiago), Alejandro Iglesias (restaurante lalinense Cabanas) e o restaurador sarriano Pepe Fontal (hotel-restaurante Roma), outro dos factótums da Festa do Cocido do Porco Celta.

De xeito paralelo no crono,  HGg&T desenvolve  unha Cata Transfronteiriza (será a número 41 entre as convocadas periodicamente pola revista nos últimos catro lustros), neste caso peculiar e sen precedentes no país: os tintos preseleccionados para a proba organoléptica son "exclusivamente escollidos entre os que 'entran' en Galicia polo Camiño Francés; son os tintos que veñen e que encontran nestas terras a benvida a Galicia,  coma calquera peregrino". Na escolla técnica aportada  pola la revista figuran etiquetas procedentes de 10 denominacións de orixe ou territorios asimilados, entre eles predominántemente reservas e de autor elaborados en Bierzo, Rioja, Ribera del Duero, Toro, Somontano, Navarra e o centro-sur da península. O xurado de cata estivo presidido polo titular da Asociación Galega de Enólogos, Luis Buitrón, xunto ó seu secretario xeral Pablo Estévez, Juan A. Martinez (CVRDO Ribeira Sacra, Carlos Fernández (Enoturismo Aba Sacra ), Juan M. Ferreira (D.O. Bierzo), Luis Valín, tamén desta adegueiro nesta D.O. e hostaleiro no Cebreiro

Finalmente e en terceiro lugar, a selección catada estará noutra mesa de degustación e avaliación para unha "maridaxe" entre "estes viños escollidos do Camiño Francés e o cocido do Porco Celta, para ver cal combina mellor, máis o gusto dos comensais, os que se sumarán alcaldes sarrianos, industriais, expertos turísticos e outros actores da promoción enogastronómica local; outra combinación  inédita no eido eno-gastronómico tanto pola conxunción entre tales xoias sólidas e líquidas, como polo número da experiencia: 36 etiquetas a combinar entre catro paneis",  conclúe o director de HGg&T,  publicación hexemónica no sector especializado na Eurorrexión e cuadrante noroeste ibérico, que tamén divulga a través do portal www.hggtonline.com en partner desde este mes, tamén, de Mundiario.com.