O Dolmen de Dombate incorporará realidade virtual e proxeccións en 3D


A Deputación da Coruña pon en marcha proxecto de mellora do Centro Arqueolóxico de Dombate cun orzamento de 125.000 €, unha actuación que inclúe incorporar realidade virtual e proxeccións en 3D.
Así o trasladou o deputado de Contratación e Patrimonio, Xosé Luís Penas, ao alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíño.

O proxecto, que se licitará proximamente por procedemento aberto, suporá unha importante actualización e mellora para as visitas ao Dolmen de Dombate. As actuacións afectaran aos elementos de información histórica, sinaleptica, sala de usos, audiovisuais e incorporarase novas tecnoloxías como realidade virtual ou proxeccións en 3D.

"Con esta reforma pretendemos dende as areas de Turismo e de Patrimonio actualizar un recurso histórico e artístico que forma parte da nosa historia milenaria pero facilitando o acceso a información e ao patrimonio dunha forma moito máis actualizada e acorde coa nova realidade", destacou Xosé Luís Penas.

O deputado defendeu, na súa visita ao monumento que forma parte do partrimonio da Deputación da Coruña que, "o Dolmen de Dombate como eixo do noso patrimonio e como faro de todo o megalitismo do País precisa contar cun museo a altura do propio monumento , é unha reforma e actualización que xa tocaba e que pretende en definitiva achegar o monumento a moita máis xente aínda". Na reunión, o representantes da Deputación a Coruña anunciou tamén que se vai vaise traballar conxuntamente co Concello de Cabana para potenciar a programación científica, histórica e cultural no no dolmen.