A Coruña celebrara en febreiro a nova edición das xornadas gastronómicas Lacónicas


O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña volverá celebrar unha nova edición das xornadas gastronómicas Lacónicas do Lacón con Grelos durante o Entroido de 2021. Esta edición será a sexta e celebrarase entre o 4 e o 28 de febreiro.

O prazo para que os establecementos poidan inscribirse irá desde este xoves 17 de decembro ata o venres 15 de xaneiro de 2020 ás 14h. Nelas poderán participar aqueles establecementos de hostalería da cidade que pola súa traxectoria e proposta gastronómica encaixen na temática das xornadas.

Para participar será preciso facer unha proposta de menú tradicional de laconada elaborada principalmente con produtos galegos e cun menú que comprenda entre os 15 e os 30 euros.

A participación dos establecementos será gratuíta e aberta a un máximo de 30 establecementos. As solicitudes serán aceptadas por orde de chegada ao email xornadaslaconicas@gmail.com. As bases de participación están dispoñibles na web turismocoruna.com.