A APEHL clausurou o curso sobre enoturismo celebrado en Monforte


O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, acompañado de Pilar García, deputada da Área de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo da Deputación de Lugo; Gloria Prada, primera teniente de alcalde do Concello de Monforte e concelleira de Facenda, Réxime Interior, Servizos Sociais e Discapacidade, e Xoán Cannas, director do Instituto Galego do Viño, clausurou o curso sobre desenvolvemento e xestión de proxectos enoturísticos nun acto celebrado esta tarde no que foron entregados os diplomas acreditativos aos 19 alumnos. 

O curso, organizado pola Apehl en colaboración coa Deputación de Lugo, celebrouse no Centro do Viño de Monforte de Lemos. As materias teóricas da formación abordaron a historia do viño, a percepción, a uva, o chan, o clima, a viticultura, o traballo en adega, o servizo, a maridaxe, a elaboración de cartas de viño, o mercado e as novas tendencias, a xestión do negocio, as habilidades comunicativas, o enomarketing en hostalería e o produto enoturístico. Como prácticas, realizáronse varias catas de viños galegos e nacionais.