Froito de seis meses de
experimentación na busca da combinación idónea para acadar un produto gourmet,
con só dous ingredientes e sen ningún tipo de conservante: un vinagre artesanal
de viño blanco do Ribeiro con máis dun ano de crianza, macerado con pemento
deHerbón.
O resultado é un vinagre de
complexidade aromática, con notas moi definidas de pemento verde. Un vinagre de
sabor intenso, que combina unha fresca acidez elegantemente suavizada pola
crianza e a intensidade punzante propia do pemento de Herbón con marcada
persistencia.
Impresión final harmoniosa con
retrogusto que nos deixa descubrir debaixo da sensación picante unha
multiplicidade de sabores, cos matices do viño orixe acentuados pola
acetificación artesanal. Un vinagre sen letra pequeña.
Apropiado para os amantes dos
sabores picantes e intensos, sen esquecer a elegancia dos sabores auténticos e
naturais. Sen máis artificios nen misturas que a combinación de dous productos
naturais con orixe claro e determinado, Vinagre artesanal de viño Ribeiro e
pemento de Padrón, sen engadir ningún tipo de conservante.