Prómine e Alán de Val, que obtiveron podio nas cata HGg&T-Agasu, repiten na da Xunta de Galicia


Os viños premiados nas Catas de Galicia na D.O. Ribeira Sacra foron, en tintos, Prómine, e Peza do Rei, Acio de Ouro e Prata, respectivamente. Acivro acadou o Acio de Ouro en tintos de colleiteiro e pequeñas adegas; mentras que en tintos con madeira os gañadores foron Acivro e Tradición Adega Vella, ouro e prata, respectivamente. En Valdeorras, acadaron Acio de Ouro en brancos e tintos, respectivamente, O Luar do Sil e Alán de Val. 

Nas Catas de Galicia deste ano participaron participaron 70 mostras pertencentes a 30 adegas da Ribeira Sacra; e 48 mostras pertencentes a 18 adegas da D.O. Valdeorras. 

O luns farase a entrega de acios á última denominación de orixe vitivinícola, a das Rías Baixas. Xa para rematar, o xoves 19 de novembro desvelarase na Cidade da Cultura de Santiago a identidade do mellor viño branco e do mellor viño tinto da nosa comunidade neste ano 2020, ao tempo que se entregarán os Potes desta edición ás mellores augardentes e licores tradicionais de Galicia.