Pontevedra amplía o prazo de apertura de furanchos ata o 31 de xullo


O Concello de Pontevedra aprobou unha modificación Ordenanza reguladora de furanchos e loureiros no Concello que regula a tempada da actividade furancheira co obxecto de permitir que se amplíe en caso de circunstancias excepcionais. Deste xeito, esta modificación habilita a posibilidade de ampliar o período ordinario de apertura, establecido entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño, ata o 31 de xullo. 

Esta ampliación so será de aplicación de xeito extraordinario e cando concorran circunstancias excepcionais que impidan o desenvolvemento ordinario da tempada, tal e como aconteceu neste ano 2020 por mor da situación da crise xerada pola pandemia e que motivou a declaración do estado de alarma. 

A modificiación atende a unha solicitude que a Federación de Furancheiros, Loureiros e Viticultores de Pontevedra lle trasladara ao Concello, a través da Concellaría de Urbanismo.