Pograma de asesoramento e certificación "Galicia Destino Seguro. Turismo activo"


O Programa Galicia Destino Seguro. Turismo Activo é un programa coordinado por AGETAN e posto en marcha ao amparo do Convenio de Colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e AGETAN para a implementación da Medida 24 incluída no Plan de Reactivación dos sectores culturais e turístico fronte aos efectos derivados da COVID-19, que presta asesoramento e certifica ás empresas de turismo activo de Galicia que desenvolven os seus servizos con garantía de seguridade e hixiene, minimizando o risco fronte ao SARS-CoV-2.

Para isto, AGETAN ten definidos unha serie de Manuais de Turismo activo e ecoturismo por especialidade, nos que se establecen os protocolos necesarios para garantir a seguridade en cada tipo de actividade de turismo activo ofertada en Galicia, ademais dun servizo de asesoramento para a implantación, que se presta ás empresas adheridas ao proceso de forma totalmente gratuíta.

Pode participar neste proceso de asesoramento e certificación calquera empresa de turismo activo legalmente constituída e con sede/domicilio fiscal en Galicia. Para iso, as empresas interesadas en participar deben cubrir o formulario de solicitude dispoñible na páxina https://turismoactivo.gal/protocolo-covid, e achegar a través del a documentación xustificativa requirida para poder optar á certificación (NIF/CIF da empresa e alta no REAT/RITGA).

O prazo de adhesión está aberto ata o vindeiro venres 13 de novembro.