Pazo Lalón e Ó Prómine, mellores viños de Galicia 2010


Pazo Lalón” (DO Ribeiro) na categoría de brancos e Ó Prómine Singular” de bodegas Petrón S.L. (DO Ribeira Sacra) na categoría de tintos, son os mellores viños de Galicia 2020. Así foron proclamados nas Catas dos Viños de Galicia 2020, concurso que puxo en marcha inicialmente a Asociación de Restaurantes Galegos "Lareira" e que pasados os anos tomou como seu a Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Rural.

Ó de Prómine e Prómine acadaron podio na última edición das Catas Transfronteirizas de Tintos GHg&T-Agasu, clasicacións publicadas na última edición, a de novembro-decembro 2020 da nosa revista, cata a nosa realizada con anterioridade a que acuñou de segunda man a Xunta de Galicia.

Neste acto final, logo da entrega dos Acios pornas distintas denominacións galegas, tamén tivo lugar a entrega dos galardóns aos gañadores das catas de augardentes e licores tradicionais, que foron os seguintes:

Na IX Augardentes de Galicia, Pote de Ouro para Pazo de Señoráns e Pote de Prata par Vía Armenteira, de Lagar de Fornelos; IX Licor de Herbas, Quenza e Bouza do Rei, ouro e prata respectivamente; e IX Licor Café, Fonte do Frade e Pazo de Valdomiño.

Os gañadores de cada categoría foron elixidos tras un rigoroso proceso de cata a cegas levado a cabo durante cinco días -entre o 26 e 30 de outubro- por un total de 21 expertos, 14 deles encargados de valorar os viños e outros sete encomendados para as augardentes e licores tradicionais. Así, tras a criba inicial, este panel de profesionais tivo que escoller entre 348 mostras de tintos e brancos pertencentes a 143 adegas e entre outras 25 de augardente, licor de herbas ou licor café correspondentes a oito empresas galegas. 

Cabe destacar que na nosa comunidade unen esforzos máis de 13.400 viticultores e 479 bodegas, capaces de xerar un valor económico anual que supera os 200 millóns de euros, segundo pecisou o conselleiro de Medio Rural nesta última quenda da entrega dos galardóns das Catas de Galicia 2020