Representantes da Consellería do Medio Rural desprazáronse ás sedes dos Consellos reguladores da DOs Monterrei e Ribeiro para facer entrega dos premios das Catas de Galicia relativas a estes selos de calidade.
Na D.O. Monterrei os gañadores foron con Acio de
Ouro en viños brancos, Pepa Porter; mesmo galardón en brancos con madeira para
Vía Arxéntea 18; ademais de Acio de Bronce en tintos con madeira para Quinta
das Tapias 10.
En canto ao Ribeiro, en brancos, Pazo do Mar
Expresión, Eduardo Bravo e Pazo Casanova obtiveron Acios de Ouro, Prata e
Bronce, respectivamente. En brancos de colleitas anteriores Son de Arrieiro e
1932 de Pazo de Vieite, foron Ouro e Prata, respectivamente. En colleitas
anteriores de tintos quearon primeiro e segundo Alter e Tarabelo.
Nas Catas de Galicia deste ano participaron un
total de 348 mostras, 125 de tintos e 223 brancos, pertencentes a 143 adegas. No
tocante á denominación de orixe Ribeiro, participaron 70 mostras pertencentes a
30 adegas; e en Monterrei 42 mostras de
17 adegas.
Mañá venres 13 será a quenda das DOs Valdeorras e
Ribeira Sacra, mentres que o luns farase a entrega de acios á última
denominación de orixe vitivinícola, a das Rías Baixas. Xa para rematar, o xoves 19 de novembro
desvelarase na Cidade da Cultura de Santiago a identidade do mellor viño branco
e do mellor viño tinto da nosa comunidade neste ano 2020, ao tempo que se
entregarán os Potes desta edición ás mellores augardentes e licores
tradicionais de Galicia.