O Consello Regulador da D.O. Ribeiro rematará o traslado do mobiliario e de persoal para a nova sede institucional a mediados deste mes de novembro. As obras de reforma, que comezaron hai uns meses, e que consistiron na remodelación dos 616 metros cadrados construídos, foron financiadas integramente con fondos propios do Consello Regulador.
As novas
instalacións, distribuidas en dous andares, e radicadas no número 3 da rúa
Redondela, en Ribadavia, acollen
unha espazosa sala de catas, unha aula de conferencias, un salón de xuntas, un
espazo para as oficinas dos traballadores, un arquivo e varios almacéns para os
materiais dos departamentos de promoción e do órgano de control e
certificación.
O conxunto representa unhas
instalacións máis adecuadas ás necesidades do día a día das adegas,
colleiteiros e viticultores, para poder levar a cabo actividades, tanto de
promoción coma de control.
As instalacións foron visitadas
polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén Castro e
o presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan M. Casares. Durante a visita
institucional, na que estiveron acompañados por Yago Borrajo, xefe territorial
da Consellería de Medio Rural en Ourense e César Manuel Gil, alcalde de
Ribadavia,
Juan Casares
comentou que “estrear nova sede do Consello Regulador fai que cumpra outro dos compromisos adquiridos no inicio desta andadura
como presidente e con ela contaremos cunhas instalacións máis adecuadas ás
necesidades dos viticultores, colleiteiros e adegas. Son unhas instalacións á
altura da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia.”