Arrinca o Outono Códax Festival


A elegante banda de R&B The Limboos, herdeira da mellor tradición musical dos anos 50, volve este sábado a Santiago para compartir cartel con Josele Santiago e o tamén membro de Los Enemigos, David Krahe. Ademais de temas propios, os artistas compartirán escenario para tocar algúns dos seus temas favoritos dos 50s e 60s.

Esta será a primeira cita coa música en directo do festival impulsado por Raíña Productions e A Reixa que, un ano máis baixo o patrocinio de Bodegas Martín Códax e a colaboración do Concello de Santiago de Compostela, NH Collection, Gadis e o Mercado da Cosecha

Estrela, inclúe nesta edición 5 concertos (28 de novembro e 5, 11 e 18 de decembro), nos que volverá reunir os sons máis selectos do rhythm&blues, o soul e o rock ́n roll clásico a través dunha coidada programación fiel á súa filosofía e que, debido á situación de pandemia mundial, desta vez limita a participación a destacados nomes da escena estatal e algunhas das formacións galegas emerxentes do panorama actual, como Ukestra do Medio ou Sabela King & The Heartbreakers.

O festival reafirma o seu compromiso coa cultura e por facilitar o acceso dos fans do xénero aos directos de artistas de renome. Por ese motivo, e ante as restricións vixentes, o festival contará con edición online dos concertos, 48h despois das actuacións e durante dez días, previa inscrición na páxina web de Bodegas Martín Códax.