A Xunta solicita a redución do IVE turístico ao 4%






O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, trasladou ao Goberno central a solicitude de redución do IVE turístico ao 4% para axudar ao sector durante a pandemia. 

Alfonso Rueda, acompañado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou por videoconferencia na reunión de responsables da marca turística España Verde, no que están integrados os gobernos de Asturias, Cantabria e País Vasco, que xunto con Galicia, integran a marca España Verde, e onde está tamén Turespaña. A premisa da reunión é seguir traballando en proxectos conxuntos aproveitando o modelo turístico común entre estas rexións coa meta de reactivar o turismo do norte peninsular. 

Alfonso Rueda, lembrou que dende a Xunta solicitouse en varias ocasións, unha delas na Conferencia sectorial de Turismo o mes pasado, unha redución do IVE ao 4% neste sector de forma temporal, como medida imprescindible para manter e, mesmo estimular, a actividade turística. Na reactivación do sector se precisa a implicación do Goberno central porque moitas medidas son da súa competencia. Por iso, lamentamos que en España o IVE aplicado ao turismo non teña unha redución como Alemaña ao 5%, Portugal ao 6% e Francia ao 7% 

No marco da reunión, Alfonso Rueda indicou que “a premisa é seguir avanzando en varias propostas para continuar coa promoción das comunidades que integran a marca como destinos turísticos, destinos de calidade e a sostibilidade e moi demandadas na situación actual na que os visitantes buscan destinos seguros e pouco masificados. E co vindeiro ano santo que ten moito que ver do contacto coa natureza, que é o que agora moita xente busca” 

O turismo galego resistiu mellor durante estes meses que o conxunto de España, cun diferencial positivo, o que amosa que a aposta por Galicia como destino seguro, posta en marcha pola Xunta, e que tiña como obxectivo potenciar os valores que distinguen á nosa comunidade doutros territorios, repercutiu positivamente na chegada de turistas a Galicia.