A Xunta apoiará á hostelería con axudas que irán de 2.200 a 7000 euros


A Xunta ten previsto apoiar aos establecementos da hostalería pechados polas restricións provocadas polo Covid-19 cunha liña de axudas de entre 2.200 e máis de 7.000 euros. Así o anunciou o titular do goberno galego, Alberto Núñez, tras o último Consello da Xunta e logo de decretar o peche da hostalería en 60 concellos galegos.

Tras anunciar a apertura dunha Mesa da hostalería para perfilar esta liña de axudas, Feijóo explicou que o abano oscilará entre “como mínimo 2.200 euros no caso dun autónomo propietario dun bar ou dunha cafetería sen empregados” e máis de 7.000 euros no caso dun autónomo que teña empregados nesa cafetería, nese bar ou nese restaurante. Polo tanto, “a diferenza depende do número de empregados e tamén depende do número de meses que leve pechado”, engadiu o presidente da Xunta de Galicia.

Máis en concreto, as axudas ás que poderían optar os establecementos da hostalería serían: 1.200 euros como complemento á prestación por cese de actividade do Estado e 4.000 euros máis en caso de ter empregados, ter estado en ERTE nalgún momento desde que empezou a pandemia e ter unha baixada de facturación de máis do 50% con respecto ao mesmo período do ano anterior.

Ademais, na liña do xa exposto esta semana polo vicepresidente primeiro e responsable de Turismo, Alfonso Rueda, Feijóo pediu a implicación do Goberno central, ao que urxiu a analizar a posibilidade de reducir o Iva turístico ao 4% durante o tempo que dure a pandemia, au tempo que ionstou aos concellos a recucir a taxas aos establecementos afectados polas restriccións.