A Deputación de Pontevedra acaba de iniciar, a través do programa SmartPeme TurisTIC, unha nova edición da aceleradora de empresas turísticas da provincia. Un total de 10 proxectos empresariais, o dobre que na pasada edición, xa se están a beneficiar desde esta semana das diferentes actividades de mentorización, titorías personalizadas e actividades de capacitación para avanzar durante 3 meses, ata mediados de febreiro, na súa adaptación ao comercio do século XXI.
As empresas beneficiarias, que foron seleccionadas entre o
O programa
desenvólvese en dúas fases. A primeira é a de mentorización, que inclúe o
deseño da folla de ruta a seguir para o desenvolvemento do proxecto –para o que
estarán acompañadas por unha persoa experta en turismo– e un programa intensivo
de titorías que consta de sesións de traballo individualizadas con persoas
asesoras expertas en tecnoloxía, en imaxe dixital e cun especialista en
competitividade empresarial. Nunha segunda fase, a aceleradora centrarase nos
obradoiros de capacitación enfocados na comercialización en liña dos
estabelecementos e destinos turísticos, en imaxe dixital e en competitividade
empresarial.
A medida que se desenvolva a aceleradora, a equipa de profesionais de SmartPeme valorará individualmente o número de sesións e a frecuencia que precisa cada un dos 10 proxectos, para así axustarse ás súas necesidades específicas. En canto ás súas demandas, salienta a súa necesidade de formación en ferramentas para a promoción e a publicidade que as axuden a gañar visibilidade. Deste xeito, coa súa participación na aceleradora TurisTIC de SmartPeme, conseguirán novas canles coas que chegar a máis clientela e así tratar de recuperar os efectos provocados pola COVID-19.ovas