30 iniciativas para reactivar a provincia de Ourense na era poscovid


Aas propostas aprobadas no pleno do Debate sobre o estado da provincia ouresana celebrado no Pazo Provincial, tivo como protagonista á realidade social e económica que se abre nesta etapa do COVID-19 e no período que comezará trala superación da pandemia. "Nestes momentos difíciles, dixo o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, o consenso faise máis necesario ca nunca, e debemos ir sempre da man de Ourense, porque as crises cambian as prioridades e hai queaber adaptarse".

O presidente do goberno provincial salientou que Ourense "conta co goberno da Deputación para protagonizar a recuperación, para estar ao lado dos sectores da nosa economía como o agroalimentario, o do viño, o comercio, os autónomos ou a hostalaría, coa confianza, como palabra clave para a recuperación, porque nada pode analizarse, entenderse ou proxectarse sen ter en conta o impacto do COVID-19. Nunca transformación tal coñecemos en tan pouco espazo de tempo", afirmou.No debate, 

Manuel Baltar presentou 14 medidas, a título persoal, centradas nos ámbitos de medio ambiente, cultura, turismo e deporte, sectores estratéxicos, emprendemento, universidade, administración e interacción co cidadán, nun pleno no que se aprobaron un total de 16 propostas de resolución dos grupos políticos: 10 do Partido Popular, 3 do BNG e 3 de Cidadáns, referidas a turismo, natureza, equilibrio territorial, cooperación cos concellos e fondos europeos, tecnoloxía, vivenda e demografía, emerxencias, seguridade viaria, administración, cultura, maiores e sanidade.Manuel Baltar dedicou boa parte do seu discurso ás consecuencias da pandemia. 

"Vaia por diante o meu recordo para todas as vítimas -267- e os seus familiares, tamén todo o meu ánimo para aqueles que están a padecer o virus, facendo de novo un chamamento á responsabilidade individual no cumprimento dos protocolos hixiénico-sanitarios para superar esta dramática situación", engadindo que este escenario "provoca que, por primeira vez na historia desta Deputación, esteamos a facer posible esta sesión por videoconferencia, opción escollida para as xuntanzas de tódolos órganos colexiados".Baltar quixo destacar "a todas as persoas que están en difícil situación económica e laboral, aos autónomos que xa recibiron unha axuda directa desta institución, a máis social da historia; unha administración útil cun aparato administrativo a quen quero agradecer, ao persoal ao servizo desta deputación, a súa implicación e a súa axilidade na tramitación dos procedementos", expresou.

Enviou "unha especial mensaxe para o sector da hostalaría e o comercio, especialmente castigado polas restricións acordadas para reducir os devastadores efectos do COVID-19".Entre as 14 medidas que propuxo o presidente Baltar para o noso sector, están:.

- Observatorio Mundial do Termalismo.

- Implantación en 2021 do proxecto Destino Turístico Intelixente: "Hai un Ourense para ti. Descúbreo"

.- Centro de interpretación do Camiño de Santiago no edificio de Correos

E, en relación as propostas aprobadas polo Pleno:

TURISMO DEPORTIVO: Fornecer a posición de liderado da provincia en deportes náuticos con infraestruturas deportivas en Laias, Arnoia e Castrelo de Miño coa "Coupe de la Jeunesse" de 2022 como evento catalizador.

HOMENAXE AO PAI MIÑO NA PROVINCIA TERMAL:Centro de interpretación do río Miño no Concello de Toén, establecendo conversas coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para sumala a este proxecto

NATUREZA E LECER COMO MOTOR ECONÓMICO COMARCAL: Abrir unha nova etapa de xestión en Meisa, coa desestacionalización como obxectivo de mellora permanente e a identificación coa comarca

CULTURA: Solicitar do Pleno da Deputación un apoio continuo á cultura e a tódolos sectores que fan posible calquera evento a través do proxecto "Cultura na rúa". Programa de organización de distintos eventos repartidos por tódalas comarcas da nosa provincia durante os próximos meses.

TURISMO: Solicitar do Pleno da Deputación que leve a cabo un proxecto definitivo para a estación de montaña de Manzaneda. Reestruturación e posta en valor.