RUTA DO VIÑO DO RIBEIRO, O Camiño do Viño | PAZO VIETE - CASAL DE ARMÁN

 HGg&T_226      DÍAS DE VIÑO E VIÑAS    
 RUTA DO VIÑO DO RIBEIRO

A Ruta do Viño do Ribeiro invita aos seus visitantes a percorrer a historia do Ribeiro dende os romanos ata hoxe, pasando polas grandes ordes monacais, os fidalgos ou señores da terra e a figura dos “arrieiros”, a través de O Camiño do Viño. 

A oferta de recursos enoturísticos é ampla, a día de hoxe son 52 os socios que integran esta entidade, entre os que se atopan bodegas, establecementos de restauración, aloxamentos entre viñedos ou guías turísticos.

O Ribeiro é viño, é pedra e é auga, por iso non podían faltar os balnearios e termas de gran calidade minero medicinal.

Concluímos o percorrido pola historia do Ribeiro visitando o Museo do Viño de Galicia e o Museo Etnolóxico de Ribadavia, dous edificios moi representativas do que signficou a cultura do viño para este territorio.


PAZO DE VIEITE,
Amosando as Castes do Terruño


Na Ruta do Viño do Ribeiro, recibe visitas con cita previa. Un percorrido que nos achega ao viñedo anexo cunha colección de variedades brancas preferentes da D.O. Ribeiro: Treixadura, Godello, Albariño, Loureira, Lado e Torrontés.

Posteriormente a visita desenvólvese nas instalacións da bodega (é unha bodega industrial), con explicación dos procesos de elaboración. Finalmente pásase á sala de catas para degustación de dous dos seus viños.

 - Posibilidade de acompañar a degustación cun ágape

- Venta directa de viño na bodega 

- Fácil acceso autobuses grandes

PAZO DE VIEITE. Ctra. Ribadavia, Carballiño, km 6. Vieite, Leiro | info@pazodevieite.es | 988 488 229


CASAL DE ARMÁN,
Cepas, Bocados e Vistas Sobre o Val do Avia



Este aloxamento rural ubicado nunha antiga casa de 1727 rodeada de viñedos, na histórica comarca do Ribeiro, na provincia de Ourense, complementa o proxecto familiar de Bodegas Casal de Armán.

Esta casa solariega, que pertenceu durante os seus cen primeiros anos á Igrexa, foi restaurada a finais dos anos 90 con moi bo gusto. No recinto pódense atopar, ademais, obras do famoso escultor de Allariz, Xurxo Oro Claro. Enclavada nun alto, permite gozar dunhas magníficas vistas do Val do Avia.

Cinco habitacións estándar e unha suite completamente equipadas e o restaurante gastronómico “Sábrego” que oferta produto local con estilo elegante e actual.

-Packs menú degustación e  visita guiada á bodega

-Ampla oferta de atractivos turísticos na zona 

CASAL DE ARMÁN. San Andrés. Ribadavia, Ourense | 988 491 809