RUTA DO VIÑO DA RIBEIRA SACRA, “Perderse” pola Viticultura Heroica

 HGg&T_226      DÍAS DE VIÑO E VIÑAS    

 RUTA DO VIÑO DO RIBEIRA SACRA


A Ribeira Sacra brilla hoxe máis que nunca grazas a unha nominación a Patrimonio Mundial que ten orixinado unha avalancha de ilusión que nin sequera o coronavirus foi quen de frear.

Unha das xoias da coroa de Galicia, na que a sobrecolledora beleza dos canóns do Miño e do Sil se suma á sorprendente concentración de igrexas e mosteiros románicos… e por suposta a unha cultura vinculada ao viño que a distingue e a fai única, cunhas viñas distribuidas en bancais que se converteron na súa imaxe máis emblemática, sinónimo desa viticultura heroica que por estas datas pode ser descuberta en primeira persoa polo visitante.

Para non perderse a Ruta do Viño propón unha selección de establecementos tematizados para gozar do viño, da súa paisaxe, dos seus monumentos, da súa artesanía, das súas tradicións e da súa xente en parella, en familia, con amigos, durante unha escapada de fin de semana, uns días de vacacións ou un longo retiro. Unha guía con bodegas, restaurantes, actividades e aloxamentos, imprescindible para gozar dunha Ribeira Sacra que vive o seu mellor momento.

Visitar grandes e  pequenas bodegas, antigas e modernas, ou maridar os viños coa excelente gastronomía local nos  restaurantes da zona.