O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e o presidente da Asociación para a Promoción Territorial Montañas do Courel, Roberto Castro González,asinaron este xoves un convenio de colaboración a través do cal a institución provincial achega 25.000 euros para a promoción turística do Xeoparque do Courel, un espazo natural que en 2019 acadou o recoñecemento da UNESCO co apoio da organismo provincial. Na sinatura do convenio estiveron a acompañados do Deputado da Área de Medio Ambiente, José Luis Raposo Magdalena.
Através deste convenio levaranse a cabo oito accións de difusión, entre as que destacan a participación do Xeoparque do Courel na Feira Internacional do Turismo (FITUR), a celebración de catro xornadas divulgativas e a edición dun álbum fotográfico e de dous cadernos de campo.
José Tomé subliñou “as montañas do Courel son un imán para atraerá provincia de Lugo turistas que buscan natureza e destinos tranquilos e non masificados nesta época de pandemia. Con esta colaboración, a Deputación de Lugo mellorará a promoción turística e a visibilidade deste primeiro Xeoparque Mundial do Noroeste de España distinguido pola UNESCO”.
A Deputación impulsa o Courel como destino turístico de natureza
Montañas do Courel forma parte dunha rede mundial de 141 xeoparques en todo o mundo. A Deputación foi a principal administración galega que traballou xunto aos concellos de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso do Courel, para conseguir este distintivo internacional da UNESCO.
O organismo provincial vén tamén de presentar un proxecto para optar a un plan do Ministerio de Turismo de ata 3M€ para impulsar o xeodestino Ancares-Courel e ademais colabora anualmente coa Estación Científica do Courel da USC para divulgar os valores medioambientais, culturais e etnográficos deste territorio. En 2019, grazas ao impulso da Deputación,as Montañas do Courel acadarona certificación Espazo Observer Turismo Científico para atraer un turismo vencellado á ciencia.