Xornadas de música contemporánea en Santiago

A Deputación da Coruña apoia as Xornadas de Música Contemporánea e a Semana do Patrimonio Invisible que se celebran neste mes de setembro en Santiago de Compostela.

As Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela volven do 9 ao 23 de setembro cunha proposta de media ducia de concertos e espectáculos que traen a Compostela as propostas máis innovadoras do panorama musical contemporáneo, no que as formacións musicais galegas cobran unha especial relevancia no programa.

No Concello de Santiago presentouse tamén a celebración da Noite do Patrimonio e a Semana do Patrimonio invisible, dúas actividades que contan tamén co apoio da Deputación da Coruña e que teñen como obxectivo poñer en valor a riqueza arquitectónica e cultural de Santiago. A Noite do Patrimonio, organizada no marco das actividades do Grupo Cidades Patrimonio de España celébrase o día 12 deste mes.

Pola súa banda, a Semana do Patrimonio Invisible organizada polo Concello de Santiago, celebra a súa terceira edición do 14 ao 18 de setembro, ofrecendo máis de medio cento de visitas a espazos habitualmente pechados ao público.