Primeiro encontro de Alfonso Rueda co Clúster Turismo de Galicia


O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo un encontro coa directiva do Clúster Turismo de Galicia, onde indicou que tanto a Xunta como o Clúster coinciden plenamente nun obxectivo común que é potenciar a marca Galicia como destino seguro e facelo inda mais competitivo

Alfonso Rueda, nesta primeira xuntanza coa directiva do Clúster indicou que nestes momentos aúnar forzas é o camiño a seguir xa que Galicia ten que seguir ofrecendo un turismo de calidade, un turismo seguro para seguir sendo referentes no turismo a nivel nacional e internacional.

A folla de ruta a seguir ten un claro obxectivo que é a reactivación e dinamización deste sector con medidas como as postas xa en marcha polo Goberno galego, como o Plan de Reactivación, onde un os piares é o programa “Galicia Destino Seguro”, que potencia os valores que distinguen á nosa comunidade e que neste contexto actual, aínda cobran mais relevancia, como son a nosa natureza, a nosa paisaxe, a nosas praias, o noso interior, os litorais, a enogastronomía ou o Camiño de Santiago.

O titular da Vicepresidencia tras manter a xuntanza co Clúster indicou que “son os mellores interlocutores a ter nestes momentos xa que engloban a diferentes sectores que compoñen a gran industria que ten o turismo en Galicia”. Resaltou ademais, que no marco das dificultades e inconvenientes derivados da pandemia, este verán as cifras de turismo en Galicia amosaron un balance esperanzador.

Rueda detallou que “nun verán no que Galicia se situou no conxunto de España como un destino seguro, nun verán no que ofreceu un turismo que sin perder calidade asegurou tranquilidade, agora temos que seguir adaptándonos para que isto non se perda e afrontar unha segunda parte e pasada a tempada estival temos que seguir traballando para que a ocupación turística sexa a maior posible”

Finalmente, Alfonso Rueda fixo especial fincapé en que “en xaneiro comeza o Xacobeo 2021, que incluso nestas circunstancias ten que ser unha oportunidade historia para Galicia e para o seu turismo, polo que debemos seguir traballando para aproveitar todo o seu potencial".