O vice-alcalde da Estrada lamenta a desaparición do restaurante Nixon

 

O tenente de alcalde do concello da Estrada, Juan Constenla, trasladou a HGg&Tonline sua preocupación pola sucesiva perda de establecementos hostaleiros senlleiros da vila, a raiz do anunciado peche do restaurante Nixon: “é unha auténtica mágoa para a localidade o peche do restaurante Nixon, como pasou  anteriormente co Puerta del Sol e Casa Trabazo, pois eran os tres principais referentes gastronómicos da nosa localidade. Erran tres establecementos históricos con moita tradición pero, hai o temos que aceptalo.

"Nixon" de A Estrada pecha as súas portas logo de 45 anos como un dos referentes gastronómicos da capital da comarca de Tabeirós Terra de Montes, e mesmo de Galicia. Comezou a súa andaina alá por 1975 con Severino Pérez, “Tito”, ao fronte, converténdose nun abandeirado do salmón, o rei do Ulla que noutros tempos abundaba no dito cauce fluvial. Glorioso o menú de gustación que, aínda que non era de salmón salvaxe, acadaba o sobresaínte.

Referenciado nas principais guías españolas e ben tratado pola crítica especializada -seus cocidos, seu solombo ao queixo galego- na actualidade estaba rexentado polo fillo do fundador, Ricardo Pérez, quen xustifica o peche pola crise provocada pola pandemia da Covid-19. Coa desaparición do Nixon, desaparece tamén o pé que quedaba do “triángulo máxico” estradense, que compartía na mesma confluenza co  Puerta del Sol (referente no eido dos cócteles), e Casa Trabazo, recoñecida polos seus cocidos, con lista de espera de varios meses.