O Ribeiro xoga a champions no Concours Mondial de Bruxelles

A D.O. Ribeiro ven de acadar 13 medallas, sete de ouro e seis de prata no Concours Mondial de Bruxelles, un concurso de viño que se celebrou do 4 ao 6 de setembro en Brno, República Checa. 

As adegas da D.O. Ribeiro obtiveron un total de sete medallas de ouro, das oito entregadas en Galicia, que recaeron nos viños da colleita 2019 Expresión de Pazo do Mar, de Pazo do Mar, Meu Treixadura e Viña Costeira, ambos de Viña Costeira, Priorato de Razamonde, da adega co mesmo nome e Terra Minei de Francisco Fernández Sousa. 

O viño da colleita 2017 Adega do Moucho de Francisco García Pérez e o viño 2014 Finca Viñoa Paraje Penaboa de Pazo de Casanova recibiron tamén a importante distinción dourada. 

Por outra banda, os seis galardóns de prata foron para tres viños da colleita 2019: Alter, de Priorato de Razamonde, Gran Alanís, de Bodega Alanís e Ramón do Casar Treixadura, de Ramón do Casar, dous da colleita 2018: Libro de Antonio Cajide Gulín e Vendimia Oro de Bodegas Docampo e outro da colleita 2016: Finca Viñoa Embotellado Tardío de Pazo de Casanova.

O presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Casares, sinala ante estos bos resultados que “por segundo ano consecutivo, sete viños da D.O. Ribeiro reciben esta medalla de ouro, converténdose así na denominación de orixe de Galicia máis valorada. Isto o que demostra é claro camiño ascendente do Ribeiro nos últimos anos.”