O ocio nocturno plantexa á Xunta medidas concretas para abrir os seus negocios


Representantes do ocio nocturno reuníronse en Santiago para abordar a situación actual do sector, valorar as posibilidades de saída desta crise e reclamar ás administracións as medidas máis oportunas de maneira consensuada. 

No acto estiveron presentes representantes das catro provincias co obxectivo de trasladarlle conxuntamente as medidas acordadas á Xunta de Galicia. Entre eles Cheché Real, da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (Apehl); César Sánchez, da Federación Provincial de Hostalería de Pontevedra; Héctor Cañete, da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería A Coruña Grandío, da Asociación Estatal de Salas Privadas de Concertos, e representantes da plataforma Galicia de noite.

“Non hai outra saída se non é nunha mesma dirección e intentando adaptarnos ás condicións que nos presenta esta nova normalidade”, asegura Cheché Real ao respeito. Entre as medidas postas en valor Real destacou que todos estiveron de acordo “na necesidade de solicitar axudas específicas para o subsector do ocio nocturno e unificar criterios para reclamar a posibilidade de abrir estos negocios en horarios adaptados á nova realidade”.