Novo roteiro nas Fragas do Eume dende Soaserra no concello de Cabanas


Trátase dun roteiro circular de dificultade moderada e cun trazado de 13 kms de lonxitude. O roteiro toma como punto de partida a Igrexa de Santa Olaia de Soaserra e lévanos ata o Mosteiro de Caaveiro.

O transcorre polo interior da Fraga e conta cun tramo pola beira do Río Eume ata chegar ao Mosteiro de Caaveiro. No seguinte enlace pódedse ampliar a información https://www.cabanas.gal/roteiro-de-soaserra-ao-mosteiro-de-caaveiro/

A ruta de Soaserra a Caaveiro é circular. Transcorre polo interior da Fraga e conta cun tramo pola beira do Río Eume até chegar ao Mosteiro de Caaveiro. Comeza no lugar do Igrexario. Alí hai unha explanada ao carón da Igrexa de Santa Olaia de Soaserra onde aparcar. Entre as súas curiosidades, conta cun retablo do S. XVIII policromado, que un día estivo na igrexa prioral de San Xoan de Caaveiro.

Atravesa o cemiterio para descender por un pequeno sendeiro que leva até un sinal de madeira dirección Xabariz, ao carón dun lavadoiro. E a ponte de madeira e ascende uns 500 metros até chegar a Xabariz. Unha vez alí, empata cun pequeno tramo asfaltado que atravesa a aldea. Deixamos a man dereita un hórreo de ladrillos continuando recto para coller un camiño empedrado que nos vai metendo pola fraga. O camiño convértese nunha pista forestal de aproximadamente 2 km pola que descenderemos. Tras cruzar o regato das Novelas e continuar aproximadamente 3 km até atopar de fronte coas augas cristalinas do Río Eume. Alí xirar a man esquerda e coller o sedeiro á beira do río que leva a Caaveiro.

Comeza un tramo espectacular, con xoais botánicas coma fentos coetáneos dos dinasauros, que impregnan de maxia estes bosques de ribeira. Ou a Ponte de Fornelos, unha presa, antes de chegar metade do traxecto a Caaveiro. No concello de A Capela atravesamos unha ponte de madeira onde atoparemos un cruce sinalado, Segue á dereita con dirección á ponte de Santa Cristina. A 600 metros a ponte e á man esquerda o Mosteiro de Caaveiro, declarado Monumento Artístico en 1971. Con máis de dez séculos de historia, albergou a ermitáns que buscaban o retiro espiritual. Ao longo da súa existencia alternáronse fases de decadencia e esplendor.

Tras visitar o mosteiro, a ruta pasa polo empedrado que baixa cara o Muíño de Sesín, até chegar a unha ponte de pedra onde veremos as ruínas do muíño, desde onde tomar unha das imaxes máis icónicas das Fragas do Eume co arco da ponte como telón de fondo. Polo sendeiro de baixada a man esquerda está o cruce sinalizado, bordeando así o enclave do mosteiro, para coller polo mesmo camiño, á dereita, a volta pola beira do río.

Antes de chegar á ponte de Fornelos hai que xirar á dereita pola pista forestal que leva de regreso á aldea de Xabariz, podendo observar o contraste de paisaxe do bosque autóctono que convive coas plantacións forestais. Aproximadamente a 1 km de subida está a bifurcación onde ascender polo camiño á man esquerda.

O chegar á aldea de Xabariz, agarda un tesouro na cúspide dun hórreo de 1872. Un reloxo de sol circular en perfectas condicións que se atopa neste hórreo derrubado polo furacán Klaus, é mostra de que na comarca do Eume se mediu o pasao do tempa o colocando este tipo de relxos en diferentes construcións populares. De volta ao Igrexario polo mesmo sendeiro da ida, de novo a ponte de madeira e o lavadoiro.
E para aqueles que prefiran unha experiencia redonda e dentro do programa Camiños de Identidade, ofrécese a posibilidade de roteiro con guía e taller de fiado de lá coas expertas fiandeiras de Cabanas. Máis información no 981 49 59 59.