Novo premio ao modelo urbano de Pontevedra

O Concello de Pontevedra ven de recibir un novo premio, nesta ocasión o de boas prácticas concedido pola Generalitat Valenciana, a través do Consell d’Agricultura, Desenvolupamen Rural, Emergència Climàtica i Transició Ecològica, no marco da Semana Europea de Mobilidade (SEM). 

O alcalde, Miguel A. Fernéndez Lores, informou do galardón no transcurso da presentación da programación que o Concello está preparando para celebrar a Semana Europea da Mobilidade, unha cita anual á que Pontevedra decide sumarse este ano para sensibilizar sobre as consecuencias negativas do uso do vehículo na cidade, e co obxectivo de profundar na marca Efecto PO2 que puxo en marcha a Concellaría de Promoción da Cidade neste último ano. 

No marco da Semana Europea da Mobilidade, o Concello únese dende hoxe mesmo á campaña das Cidades que Camiñan “O teu vehículo cero emisións”, revalorizando ao zapato como medio de transporte e unha clara aposta polo comercio local.