Nova Audioguía de Santiago de Compostela para visitar a cidade a outro ritmo


Dispoñible online un novo produto turístico na cidade de Santiago de Compostela para que os visitantes desfruten unha experiencia cultural ao seu ritmo, sen grupos e a calquera hora. Comodamente a través do seu teléfono móbil e co acompañamento da música do grupo galego Brath.

A Audioguía de Santiago inclúe contidos históricos e artísticos sobre os lugares máis destacados do centro histórico da cidade, Patrimonio da Humanidade.

Sen limitación de horarios e coa liberdade de pausar e reanudar o audio cando queiran, a Audioguía de Santiago permite visitar a cidade a outro ritmo, cun itinerario personalizado, evitando os trastornos que causa a concentración de centos de persoas no mesmo lugar e á mesma hora.
Máis info en: https://www.caminosconarte.com/audioguias


Camiños con arte, visitas guiadas en Galicia A misión de Camiños con arte é dar a coñecer o patrimonio histórico e artístico de Galicia a través de experiencias turísticas e culturais sostibles e responsables que contribúan ao desenvolvemento económico do territorio galego.