
Foi director de operacións e de área de negocio no Grupo Aluman desde 2005 a 2011 e foi director xeral en CEO Solutions desde 2014 a 2018. Tamén desenvolveu a súa actividade na organización de proxectos no concello de Arteixo entre os anos 2002 e 2004.
Ademais, no ámbito da docencia foi profesor de postgrao e de diversos seminarios na Universidade da Coruña entre os anos 2012 e o 2014. Tamén exerceu como director Executive MBA da Escola de Negocios de Afundación e foi docente titular na dirección de operacións, proxectos e simulación empresarial desde o ano 2015 ao 2019.
Pola súa banda, Inés Santé é enxeñeira agrónoma pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora pola mesma universidade. Tamén obtivo o Máster internacional UNIGIS en Sistemas de Información Xeográfica pola Universidade de Gerona e realizou estancias de investigación nas universidades de Wisconsin (EEUU), Trento (Italia), Cuenca e Azuay (Ecuador).
Ata agora, Inés Santé era profesora titular do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela, onde impartía materias sobre ordenación do territorio, administración, valoración e instrumentos de xestión de terras, en titulacións como Enxeñaría técnica agrícola e de montes, entre outras.