María Nava Castro, nomeada nova directora de Turismo de Galicia


O Consello da Xunta acordou nomear directora de Turismo de Galicia a María Nava Castro Domínguez, dependente da Vicepresidencia primeira e consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

Nava Castro conta con diversos máster en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos; en Axentes de Desenvolvemento Económico e Xestión de Programas; en Xestión e Dirección de Pemes; e en Intervención e Xestión de Servizos Sociais. É licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense de Madrid,

A súa traxectoria profesional deu comezo como deputada no Parlamento de Galicia, pasando despois a ser a responsable do Centro Europeo de Información e Animación (Carrefour de Galicia), concelleira de Servizos Sociais do Concello de Ponteareas e despois alcaldesa neste mesmo concello.

Posteriormente foi deputada no Congreso dos Deputados e en maio de 2009 foi nomeada directora xeral de Comercio, e en xaneiro do 2013 foi nomeada directora de Turismo de Galicia.