José Luis Mateo: "entar no ranking de Wine Spectactor nos reafirma que estamos no camiño correcto"


Falamos con José Luis Mateo, responsabe da adega da D.O. Monterrei, Quinta da Muradellla, a raíz de que a revista norteamericana Wine Spectactor a seleccionase entre as  100 mellores adegas do mundo no seu ranking anual.  É a única galega, e comparte estrellato con outras 4 españolas: Vega Sicilia, Gran Clos del Priorat, López de Heredia de la Rioja y Bodegas y Viñedos del enólogo Raúl Pérez. Famalos co seu responsable, José Luis Mateo.

-¿Qué supón para unha adega como Quinta de Muradella un recoñecemento deste  calibre?

-É algo moi bonito e ilusionante. Un premio á traxectoria, á liña de viños que facemos e que nos reafirma que esa é a dirección a seguir, que nos indica que o camiño que comezamos a andar é o correcto.

-Ademais do prestixio que supón, ¿ten incidencia nas vendas?

-É a segunda vez que entramos nese ranking e en EE.UU sí que ten repercusión nas vendas, a nivel internacional en xeral tamén, xa non tanto a nivel nacional. En calquera caso, o importante e que nos reafirma no camiño que estamos a seguir, como decía antes.

-¿A Cantos países exdorta José Luis Mateo o seus viños?

-Temos mercado en EE.UU., Inglaterra, nos tres países nórdicos, Bélxica, Japón, Alemania e Australia, entre outros que agora non lembro.

-¿Cantos viños ten agora mesmo no mercado Quinta da Muradella?

-Temos 18 marcas, viños que se direrencian polos criterios de elaboración, tipos de chan, viños de zona, de pueblo, de finca…monovarietais.

-Collemos a Mateo en plena vendima e aproveitamos para preguntarle como está sendo a deste ano…

-Aínda que este ano veu adiantada, estamos en plena faena. Aparetemente ten boa pinta, parece unha boa colleita, pero hai que agardar para sabelo con certeza.