José Cuadrado: "a Faba de Lourenzá é unha seña de identidade do noso territoio"


José Cuadrado é o presidente daTerras da Mariña S. Coop. Galega e un dos ponentes do I Congreso de Turismo Experiencial que se celebra en Lugo do 16 a0 18 deste mes de setembro


-¿Qué pode aportar un produto como  a Faba de Lourenzá ao turismo?

-A Faba de Lourenza e o turismo nesta comarca teñen que ir da man porque se complementan. A Ruta da Faba foi creada para traballar nesa liña, nun turismo slow que reúna patrimonio cultural, natural, paisaxístico, monumental, terruño, identidade, que o visitante poida ver o ciclo produtivo da faba. En definitiva vivir unha experiencia de primeira man,que é do que se trata o turismo experiencial. Turismo, gastronomía e produción primaria para potenciar  o rural, que ten moitas potencialidades…

-¿Pode considerarse a Faba de Lourenzá como un símbolo e seña de identidade da Mariña Lucense?
-
Dende logo que sí, máis dende que temos unha IXP, que garantiza autenticidade e exclusividade, un produto ligado ao territorio e unha das nosas señas de identidade.

-Cambiando de tema, ¿Cómo se presenta a colleita da faba  deste ano?

-Con incertidume. A faba xa comezara a secar pero coas últimas choivas de agosto volveu a frorecer. Prevemos unha campaña desigual na que se vai alongar a colleita, pero a calidade vei ser boa como sempre.

-¿Que productos comercializa Terras da Mariña?

-A Faba de Lourenzá seca, que é a que ten IXP, faba verdina, faba fresca collida en verde, outras leguminosas e xudías, pementos, tomates, puerros, hortalizas para diversificar a oferta, tamén froitas…

-¿E Fabas de Lourenzá en conserva?

-Tamén, é outra gama que temos, fabas con setas, con callos, con polbo, con bacalau, en ensalada, é estamos a traballar noutro poduto que queremos ter no mercado para finais de ano pero que polo de agora prefiro non desvelar.

-¿Qué aceptación teñen os vosos productos no mercado?

-A verdade é que estamos contentos, tendo en conta os tempos que corren. Nós orientámosnos a tendas gourmet e ao canal HORECA. Asturias é para nós un mercado importante, aínda que teñen unha IXP para a súa faba, pero podemos convivir, pero os nosos esfórzos céntranse en ir gañando mercado nas pricipais ciudades españolas.