Atísbase a primeira vía verde da provincia da Coruña

Os concellos de Ordes, Oroso, Tordoia e Cerceda encoméndanlle á Deputación da Coruña as obras para facer realidade a primeira Vía Verde da provincia da Coruña. O presidente, Valentín González Formoso, asinou cos alcaldes destes municipios os convenios para delegar a execución das obras na no ente provincial. 

Trátase do último paso administrativo antes da licitación das obras, que a Deputación prevé adxudicar este mesmo outono. A Vía Verde conectará os 36,5 quilómetros que separan Santiago e Cerceda cun itinerario para camiñar ou andar en bici que discorrerá sobre as antigas vías do ferrocarril