"Aínda queda verán" en Dombate e Cabo Vilán acolle unha nova exposición


Durante o mes de setembro terán lugar unha serie de actividades e espectáculos no dolmen de Dombate. Unha oferta variada e enfocada en promover a cultura, como mostra de que "Aínda queda verán". As actividades terán lugar ao aire libre, polo que non será preciso inscrición previa para asistir. Non obstante, o aforo será limitado para acceder ás mesmas e exisitirá a correspondente distancia de seguridade.

Lembrar que o servizo de visitas guiadas de balde continuará activo no mesmo horario de verán ata o día 30 de setembro:

De luns  a domingo de 10.00 a 14.00 horas, 16.00 a 20.00 horas

Por outra banda, o Centro Arqueolóxico estará aberto ó público de 9.00 a 21.00 horas.

E o Faro de Cabo Vilán acolle unha nova exposición no mes de setembro do 5 de setembro ao 3 de outubro a sala de exposicións que xestiona a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas no faro de cabo Vilán, acolle a exposición de pintura, escultura e audiovisual «Colectiva Intimidade».

Esta é unha mostra colectiva paralela a mostra que se pode ver na sala Os Catro Gatos en Santiago de Compostela, nela podemos ver obras dos artistas: Abe Rábade, Andreas Ruíz, Camilo Seira, Delio Sánchez, Inés Silvalde, Iñaki Canterla, Leonor Ruíz Dubrovin, María Magán, Marisa Calderón, Tino Canicoba, Vicente Ruíz Soldevilla e Xabier Liz.