Surxe CERCO para impulsar a acción social e a dinamización cultural en Cerdedo-Cotobade


Baixo o paraugas do BNG de Cerdedo-Cotobade bota a andar un proxecto imprescindible para o rural baseado na acción social e a dinamización cultural da vida no municipio. Unha canle coa que o conxunto das compañeiras nacionalistas pretenden crear sinerxias entre a organización política e o tecido asociativo e veciñal. 

Anxo Santomé, responsable local do BNG Cerdedo-Cotobade, expresa “a súa ilusión pola posta en marcha deste novidoso proxecto destacando o intenso traballo de fondo de toda a organización para convertelo nunha ferramenta útil para a nosa veciñanza dándolle continuidade no tempo a través de accións mensuais nos dous territorios municipais con identidade, Cerdedo e Cotobade. O proxecto englóbase no marco dun crecemento de apoios veciñais sostidos no tempo que nos sitúa como a alternativa política, seria e rigurosa, disposta a levar o proxecto nacionalista ao eixo da vida das nosas veciñas”.

CERCO estará representada polo conxunto das compañeiras da equipa do BNG local máis na súa presentación foi Víctor Rivas o encargado de definir polo miúdo o proxecto, dixo: “A equipa de CERCO formámola un grupo de persoas que traballamos en moi diversos eidos, con valores, coñecementos, habelenzas e inquedanzas moi variadas e temos gañas de traballar e partillalas coa veciñanza máis aló de campañas puntuais. Para facer isto creamos CERCO, un foro destinado á realización de actividades e accións sociais e culturais, creando relacións e colaboracións, xerando e impulsando sinerxias entre as veciñas da contorna, levando á rúa a política de base que nos permita unha conexión e complicidade coa xente das parroquias.

Víctor Rivas debullou o logotipo escollido: “a imaxe escollida é sinxela e concisa, parella ao noso proxecto, coa silueta do noso mapa e primeira sílaba de cada un dos dous concellos usando o azul entre eles representando a auga -sempre presente- e diferenciados en dous tons de verde porque cremos que debemos maner a súa identidade histórica”.

Ademáis, Víctor Rivas aproveitou para “convidar a todas as persoas que teñan inquedanzas, que queiran aportar contidos, coñecementos ou ideas a participar con nós neste proxecto así coma aos concellos veciños que queiran sumar accións e sinerxias para dinamizar a vida do rural”.

Pola súa banda, Antón Mouriz deu conta da presentación da programación prevista para os primieros catros meses de actividade: