
A D.O. Ribeira Sacra presenta este ano, 64 mostras, 53 de tintos e 11 de brancos, pertencentes a 36 adegas. Os bos resultados que a D.O. Ribeira Sacra obtén sempre en Aosta son un trampolín internacional para os seus viños e convertérona nun dos referentes mundiais máis importantes dentro da viticultura de montaña ou viticultura heroica.
A comarca vitivinícola galega que abrangue as provincias de Lugo e Ourense é referente mundial do que se denomina viticultura heroica, denominación á que se chega por unhas condicións orográficas que non permiten a mecanización, viñedos de pequeno tamaño habitualmente organizados en socalcos; condicións climáticas adversas ou/e porque o viñedo atópase en zonas xeográficas con paisaxes de elevada beleza e cun carácter turístico.