Renovación de votos entre Cociña Ourense, Instituto do Viño e Deputación

Este mércores o presidente de Cociña Ourense, Miguel González e representantes do Instituto Galego do Viño mantiveron unha reunión conxunta co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. co obxectivo de abrir unha etapa de colaboración entre as tres entidades impulsando a asociación.

Baltar aproveitou a ocasión para reivindicar a asociación Cociña Ourense, que "está a traballar moito por Ourense como destino gastronómico, potenciando os nosos produtos, a gran despensa agroalimentaria que é a nosa provincia". 

Pola súa parte, falou do Instituto Galego do Viño como "unha entidade que leva 10 anos de existencia, referente na Península Ibérica e que se dedica a formación, formación que vai a axudar a que membros de Cociña Ourense teñan o máis alto nivel en relación cun produto que é un buque insignia da nosa provincia, pois temos catro das cinco Denominacións de Orixe vitivinícolas de Galicia".

Ademais, o presidente do goberno provincial espera que esa formación e esta nova etapa de colaboración co Instituto Galego do Viño fai que a Deputación e a asociación "Cociña Ourense" "principien unha andaina de impulso, de futuro e de compromiso coa provincia, nun momento no que o turismo coa máxima precaución e prudencia, temos que exhibir as nosas potencialidades gastronómicas, como o fai "Cociña Ourense" desde o inicio co apoio da Deputación de Ourense, porque os nosos produtos son os nosos mellores embaixadores co viño como estrela".