Presentación do RAID de Turismo Industrial na Ría de Muros Noia

O RAID de Turismo Industrial é un conxunto de percorridos pola costa e o interior da Ría de Muros Noia para facer a pé, en bicicleta, en coche, en barco…, a través dos que descubrir espectaculares enclaves paisaxísticos ligados ás industrias mineira, papeleira, enerxética, salazoneira, conserveira, madeireira e de construción naval.

O RAID náutico, a historia industrial desde o mar, propón un cambio de perspectiva radical con  multitude de contrastes, na que a paisaxe que rodea ás antigas e modernas industrias será o protagonista e debe ser vivido desde o mar. Consta de tres itinerarios en distintas zonas da Ría de Muros Noia: o Estuario do Río Tambre, a Zona dos lombos marisqueiros, a Zona onde a Ría de abre ao AtlánHco.

Parte do porto do Freixo, o Joaquín Vieta e toma rumbo ao Estuario do Río Tambre ata chegar a Pontenafonso, onde se atopa a icónica ponte do mesmo nome. Dada a escasa altura dos arcos, o Joaquín Vieta debe fondear e transbordarnos a lanchas de pouco calado, nelas remontaremos o Río Tambre ata a Central Hidroeléctrica do mesmo nome.

O complexo está composto por varios edificios, a modo de anHgo poboado industrial, hoxe transformado en Hotel da Natureza, cuxa terraza nos asoma ao río, mergullándonos nunha paisaxe fluvial en galería. Alí atópase tamén a Pesqueira do Tambre, cuxos orixes se remontan ao século XIII, que aproveitaba os rápidos para explotar a pesca de lamprea. Podes aproveitar para dar un paseo pola contorna antes de embarcar, descubrir a Senda dos Pescadores e atravesar a súa ponte colgante.

Todo está preparado para partir augas abaixo, cara ao Estuario do Tambre. Entre un frondoso bosque de carballos, loureiros e salgueiros, a paisaxe aparece salpicada de serradoiros e carpinterías de ribeira que che transportan á historia da rica industria naval desta Ría. Estas carpinterías de ribeira estaban construídas basicamente en madeira, a semellanza de buques investidos, e para a súa localización buscábase o amparo das adversidades climáticas e a preamar. Algunha delas aínda conserva os restos dun navío en construción, coma se o tempo conxelarase un día para mostrárnolo.

Pasando o Pazo do Ensido, a estribor, aparece a primeira nun meandro do Río. Poucos minutos despois de rebasar novamente Pontenafonso e voltar a embarcar no Joaquín Vieta, cando a nosa proa albisca a moderna ponte do “Corredor Brión-Noia”, divisarás a babor un segundo aserradoiro. Unha vez librado a ponte, coa marea baixa sorprenderanche as cadernas do motovelero Espiñeiro aflorando entre as augas, e desde esta mesma posición, poderás ver tamén a cheminea do antigo Serradoiro de Langaño. Xa na desembocadura do Río Serantes consérvase a Carpintería de Pepito Farei e a 500 metros as de Cerzón e Cipriano Domínguez, xa na Enseada de Broña.

O percorrido chega ao momento final no Porto do Freixo (Outes), onde fora construído o Joaquín Vieta. Pero antes de finalizar, pódese contemplar a carpintería de ribeira dos Irmáns Abeijón, na que levou a cabo parte da restauración deste barco. Á beira dela levántase a cheminea do antigo serradoiro e estaleiro dos Lago.

Antes de embarcar, podes dar un paseo polas inmediacións do Porto, a súa Lonxa e a antiga Pesqueira. Nela, os veciños aproveitaban os ritmos das mareas para realizar a captura do peixe sen utilizar ningunha arte de pesca, soamente pechaban a boca da Pesqueira na baixamar para evitar que o peixe fuxise. Non vos vaiades sen probar a gastronomía local e os seus produtos do mar. No propio porto atoparedes algúns dos mellores restaurantes da nosa Ría. (www.riademurosnoia.com)