Os gaiteiros non faltarán á súa cita con Monterrei

O Castelo de Monterrei celebrará esta fin de semana a XXXV edición da Xuntanza Internacional de Gaiteiros, evento declarado de Interese Turístico e Cultural, que este ano virá marcado polas medidas de seguridade sanitarias e polo seu carácter peninsular para evitar desprazamentos internacionais. 

Trátase dun evento que tradicionalmente se celebra no segundo fin de semana de xuño pero que este ano tivo que atrasarse. Segundo explicou o alcalde de Monterrei, Pero polo menos conseguiron mantelo, xa que como explicou o alcalde de Monterrei, José Luís Suárez, trátase dunha  "peza angular dentro da programación cultural que temos no Concello de Monterrei durante os meses de verán e non queriamos perdela". Por suposto, acladou que o encontro conta con estritos protocolos de seguridade que se van a aplicar.

O encontro comezará o venres pola tarde cun  concerto  na praza Ermida de Flariz de Juan Mari Beltrán e Fernando Jalón, que segundo indicou o director da Escola Provincial de Gaitas da Deputación, Xosé Lois Foxo, se atopan entre os mellores músicos étnicos que ten a Península Ibérica.

A programación continuará o sábado ás 12.30 horas, coa presentación da libro "La Nuossa Gaita" a cargo de Abílio Topa. Posteriormente, ás 19.00 horas, no Castelo de Monterrei, comezará a Xuntanza na que actuarán: trompetistas á usanza medieval, Tatiana Kostomorova, a Banda de Gaitas Nova Era de Verín, Zanfonistas da Escola Provincial de Gaitas, Xuacu Amieva, a Agrupación Musical do Concello de Riós, Flores López, as cantareiras da Real Banda, Abílio Topa, Juan Mari Beltrán & Fernando Jalón, Manuel Santín gaiteiro de Cervantes, Gaiteiros de Flariz, Germán Díaz, e a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. 



Na presentación do evento . participaron o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director da Escola Provincial de Gaitas da Deputación, Xosé Lois Foxo; e o alcalde de Monterrei, José Luís Suárez.

O vicepresidente da Deputación de Ourense dixo que este evento, que será transmitido por streaming, "naceu como complemento das actividades da Escola Provincial de Gaitas da que sae a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, a máxima expresión artística de milleiros de gaiteiros que teñen como referencia a Ourense e a Escola Provincial de Gaitas". Así mesmo, Rosendo Fernández lembrou que esta xuntanza "constituíse ao longo dos anos nun prestixioso foro internacional, universal, onde se aglutinan desde as gaitas máis primitivas ás gaitas máis modernas".

Neste mesmo sentido, Xosé Lois Foxo sinalou que esta Xuntanza "forma parte da historia de Ourense e da Escola de Gaitas" afirmando que "quixemos mantela porque a cultura necesita actividade para seguir a vivir". Esta edición, que terá "carácter peninsular", segundo Foxo, comezará o venres, ás 19.00 horas, na praza Ermida de Flariz, cun concerto de Juan Mari Beltrán e Fernando Jalón que son "dos mellores músicos étnicos que ten a Península Ibérica", sinalou Foxo.

A programación continuará ao día seguinte, o 29 de agosto, ás 12.30 horas, coa presentación da libro "La Nuossa Gaita" a cargo de Abílio Topa. Posteriormente, ás 19.00 horas, no Castelo de Monterrei, comezará a Xuntaza na que actuarán: trompetistas á usanza medieval, Tatiana Kostomorova, a Banda de Gaitas Nova Era de Verín, Zanfonistas da Escola Provincial de Gaitas, Xuacu Amieva, a Agrupación Musical do Concello de Riós, Flores López, as cantareiras da Real Banda, Abílio Topa, Juan Mari Beltrán & Fernando Jalón, Manuel Santín gaiteiro de Cervantes, Gaiteiros de Flariz, Germán Díaz, e a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. Paralelamente, no Hospital do Peregrino poderase visitar unha exposición fotográfica iconográfica da Gaita, desde o 24 ao 29 de agosto.