"O licor café nin en chupito nin conxelado", Sonia Otero, catadora e enóloga

Sonia Otero, catadora, enóloga e vogal da IXP Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, impartiu a última sesión do ciclo Orujo de Galicia. Los 5 elementos, celebrada no Parador da Costa da Morte e na que se cataron 5 licores cafés amparados polo selo de calidade. Con ela falamos sobre este licor que tanta querencia ten en Galicia: 

-¿Qué cualidades debe ter un bo licor café? 

-É algo difícil de sintetizar, pero primeiro unha boa augardente base e un bo café resultas fundamentais. O resultado final depende das características de cada augardente, do café que se utilice, arábiga ou robusta, nunca torrefacto, que o café sexa identificable en nariz e en boca, percibir notas de cacao, algunha cítrica e incluso frutais e florais. Tamén hai que ter en conta que, ao ser un poduto natural, cada añada é diferente e ten propiedades organolépticas distintas, aínda que se utilice o mesmo produto base. 

-¿Cal é o mellor Orujo para elaborar este licor? 

-A calidade da augardente base é fundamental, pero no se pode dcir que sexa mellor unha monovarietal ou unha plurivarietal, de uva Albariño ou Godello. Cada unha ten as súas características. 

-¿Qué se lle pode decir ao consumidor dalgúns xaropes infumables que proliferan no mercado? 

-Que os proben a temperatura de consumo óptima, non saídos do coxelador, e que avalíen como lles senta, se lles causa dor de cabeza, acidez de estómago, e que se fixen no prezo. Aos que dubidan pódeselle decir que proben a facelo na casa e a ver a cómo lles sae se empregan boa augardente e bo café, tan sinxelo como iso. 

-¿Fudamental tamén a etiqueta do elaborador e a contraetiqueta da IXP? 

-Por descontado, é o seu DNI. Garante que a augardente, o orujo, é de Galicia, que se utiliza café na súa elaboración e que non leva torrefactos. Logo se gusta máis con este ou con aquel café, ou con esta ou aquela augardente, xa vai no gusto do consumidor. 

-¿A qué temperatura se debe tomar chupito de licor café? 

-O primeiro que hai que desterrar é o chupito, en copa axeitada e senon en copa de viño. A temperatura depende un pouco se é verán ou inverno, pero a uns 12 grados aproximadamente.