O Camiño da Ría Muros Noia estará no Fairway

O Camiño da Ría Muros Noia estará presente na próxima edición da Fórum dos Camiños de Santiago, Fairway, que se desenvolverá do 8, 9 e 10 de novembro no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela. 

A recentemente constituida Asociación do Camiño da Ría de Muros Noia ven de confirmar a súa presenza coa organización desta feira e congreso, o único das súas características que se celebra en España. 

“Era un dos compromisos adquiridos na asemblea de constitución da asociación, tal e como consta no noso plan de accións aprobado para este 2020”, explicou a presidenta da entidade, Teresa Villaverde, quen destacou que “o noso obxectivo coa participación nesta feira especializada no Camiño de Santiago é o darlle visibilidade a todos os colectivos e empresas da Ría da Estrela e demais Concellos deste Camiño vencelladas coa Ruta Xacobea”. 

Villaverde destacou, ademais, que a presenza da entidade cun stand propio na feira permitirá non só dar a coñecer o Camiño da Ría Muros Noia, as empresas e entidades vencelladas con él, se non abrir á porta a establecer sinerxías con outras empresas do ámbito xacobeo que queiran comenzar a traballar no noso territorio”, explicou. 

A Asociación do Camiño da Ría Muros Noia contará no recinto ferial de Fairway cun espazo propio de 45 m/2 que lucirá un deseño propio e contará con espazo sufiente para que as empresas e entidades que quieran ir da man da entidade poidan dar a coñecer o seu traballo ou productos turísticos. Para iso o stand contará con diferentes mostradores e mesas para poder manter xuntanzas de traballo, ademais dunha zona de audiovisuais para achegar información de destino.