
Os protagonistas desta nova campaña seguen sendo os propios hostaleiros da provincia, “a través da canción Loca, de Luz Casal, –da que se ten consentimento da propia cantante para a súa utilización– demostramos unha vez máis a lealdade cara aos nosos clientes, ademais de seguir formándonos en todo tipo de protocolos e manuais de boas prácticas hixiénico-sanitarias para o noso establecemento, co fin de informar en todo momento aos nosos clientes.
"Debemos perderlle o medo á covid-19, pero nunca o respecto. Agora máis que nunca necesitamos da súa axuda para continuar co noso traballo e reactivar os nosos negocios. Esta é a nosa forma de darlles as grazas”, destaca Cheché Real, presidente da Apehl.
O vídeo xa se pode ver nas tres redes sociais da Asociación: E Para Comer Lugo en Facebook, E para comer, Lugo en Twitter, e eparacomerlugo en Instagram, ademais de nas webs apehl.org e eparacomerlugo.com. Para descargas: https://vimeo.com/444800260