Lalín ficha a Luis Zahera para promocionar os seus produtos agroalimentarios

O concello de Lalín acaba de lanzar unha nova campaña promocional dos seus produtos agroalimentarios, que conta coa colaboración do actor Luis Zahera, sobradamente coñecido en Galicia e que recentemente se reivindicou a nivel nacional tras ganar o Goya ao mellor actor de reparto polo seu papel en "El reino". 

O actor protagoniza un vídeo de catro minutos nos que ensalza a calidade dos produtos lalinenses: cárnicos, pan, lácteos, mel, licores... sen olvidarse por suposto do cocido e do resto da cociña local e aproveitando para destacar recursos turísticos da vila como o seu patrimonio ou as rutas xacobeas que o atravesan. 

A campaña está enmarcada dentro de Lalín Sabe, estratexia de promoción dos produtos agroalimentarios do Concello de Lalín impulsada coa colaboración da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural.

Ademáis do spot grabado por Zahera, que se dividirá en fragmentos para as redes sociais, a campaña integra varias vallas publicitarias na localidade e conta cunha páxina web propia. O vídeo completo pode verse na web do concello de Lalín.